Benvid@!
ClubUE é unha iniciativa de EUROPE DIRECT A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, para unir a mozos e mozas de 18 a 30 anos cun lazo común: o interese por COÑECER, APRENDER e PARTICIPAR das oportunidades que ofrece a Unión Europea.
ClubUE desenvólvese a través de Instagram e Youtube para crear unha comunidade única e viva na que compartir experiencias e coñecementos, inquietudes e a visión que a xuventude ten sobre o futuro de Europa.
Esta comunidade busca conformar un espazo de información, formación e participación de diferentes iniciativas con vocación europea.
Únete e benefíciate de todas as vantaxes de ser membro!
![]() |
Formarás parte dunha rede local con proxección europea |
![]() |
Recibirás materiais promocionais e publicacións europeas |
![]() |
Entrarás na mailing list máis actualizada sobre oportunidades europeas (con bolsas, premios, emprego, concursos e máis) |
![]() |
Terás acceso directo e preferente a actividades organizadas por EUROPE DIRECT A Coruña |
![]() |
A oportunidade de participar na rede de multiplicadores locais de EUROPE DIRECT A Coruña, colaborando en campañas de difusión de contidos europeos (euroinflUEncers do ClubUE) |
![]() |
Premios, visitas, concursos... e moito máis! |