: Europa no teu Concello : Programa Actividades 2023 - Segundo semestre

Colaboración con EURODESK - Time to Move 2023


FORMULARIO DE SOLICITUDE

Título: Colaboración de Europe Direct A Coruña coa rede Eurodesk – Asociación Ingalicia, na acción informativa sobre oportunidades europeas "Time to Move 2023"

Organiza: Asociación Ingalicia – Punto local da rede Eurodesk, centro oficial da Comisión Europea orientado a promover a participación da xuventude

Colabora: Europe Direct A Coruña – Deputación da Coruña

Participan: Concellos da provincia da Coruña adheridos á rede Europa no teu Concello

Datas: Do 1 ao 31 de outubro 

Destinatarios finais: Mozos e mozas de 14 a 30 anos. Máximo 30/40 participantes por sesión.

Modalidade: Ofreceranse 5 sesións presenciais e 5 sesións en liña. Cada sesión terá unha duración mínima de 45 minutos e máximo de 2 horas.

Descrición da actividade: "TIME TO MOVE" é unha campaña que comprende un conxunto de eventos en liña e presenciais que se celebran en toda Europa durante o mes de outubro. As actividades están organizadas por expertos/as que proporcionarán información e orientación sobre oportunidades internacionais cos seguintes obxectivos:

  • Promoción do valor do voluntariado e a mobilidade en defensa de valores europeos a través de actividades gamificadas.
  • Información e asesoramento sobre oportunidades en programas europeos (Erasmus+, Corpo Europeo de Solidariedade, DiscoverEU, etc.) a través de charlas informativas interactivas.
A metodoloxía que se utilizará (Challenge based learning e Learning by Doing) permitirá desenvolver competencias e habilidades transversais, moi importantes para o desenvolvemento persoal, cívico e profesional.

*FUNCIÓNS A REALIZAR POLOS CONCELLOS QUE ACOLLAN ESTA ACCIÓN:
  • Cesión dun espazo con proxector.
  • Difusión entre mozos e mozas ou centros de secundaria da localidade.
  • Indicación dunha persoa de contacto do concello (nome e apelidos, email, teléfono, etc.)
  • Indicación da data elexida no mes de outubro, a modalidade da sesión (presencial/en liña), o horario e a dirección do espazo elixido.

Datas reservadas: 

  • Mércores 25 de outubro - 11.00 h - CONCELLO DE VIMIANZO

Solicitude: FORMULARIO DE SOLICITUDE

Máis información