: Europa no teu Concello : Programa Actividades 2023 - Segundo semestre

Coñece Europa con Kalopsia

SESIÓNS ESGOTADAS

FORMULARIO PARA A LISTA DE RESERVA

kalopsia.png

SESIÓNS ESGOTADAS

FORMULARIO PARA A LISTA DE RESERVA

Título: Coñece Europa con Kalopsia

Organiza: Europe Direct A Coruña

Colaboran: Concellos da provincia pertencentes á rede "Europa no teu Concello".

Destinatarios: Público infantil, de 6 a 12 anos (preferentemente acompañados de público adulto)

Modalidade: Presencial. A actividade contará con intérprete de lingua de signos.

Obxectivo:

Promover unha aprendizaxe sobre o funcionamento das institucións e os valores europeos entre a cidadanía máis nova da provincia.

Descrición: Sesión de narración/obradoiro para achegarse á Unión Europea dunha maneira diferente. O espazo encherase con títulos pertencentes á cultura dalgúns dos 27 países da Unión Europea para achegar a rica tradición literaria europea. Tralo ritual de inicio, falarase da convivencia e das diferentes formas de vida e culturas que compoñen o mosaico europeo.

Chegará entón a narración da historia de “Kalopsia: un planeta no tan diferente. Descubre Europa desde el espacio exterior”, editada pola Representación da Comisión Europea en España.

Farase dunha forma vivenciada, introducindo a algúns nenos e nenas na historia como un membro máis dos distintos pobos que habitan o planeta.

Como actividade final os nenos e nenas formarán os seus propios países e alianzas, para que vivan da forma máis cercana posible a experiencia.

Requerimentos:

-Grupos máximos de 20/22 familias participantes

-Se non hai adultos, grupos máximos de 16/18 nenos e nenas

-Espazo diáfano e cómodo con boa acústica

Datas dispoñibles: 

  1. Mércores, 18 de outubro de 2023 (DATA RESERVADA - CONCELLO DE A BAÑA)
  2. Mércores, 8 de novembro de 2023 (DATA RESERVADA - CONCELLO DE VEDRA)
  3. Mércores, 15 de novembro de 2023 (DATA RESERVADA - CONCELLO DE ARES)
*Consultar cambio de día, no seu caso.

Horario: Tardes. Horario a determinar polo Concello coa organización.

Materiais: os nenos e nenas que participen nas sesións recibirán un exemplar do conto “Kalopsia: un planeta no tan diferente. Descubre Europa desde el espacio exterior”, editado pola Representación da Comisión Europea en España.

Solicitude: As solicitudes realizaranse a través de formulario en liña e serán atendidas por orde de receoción