: Europe Direct Coruña : Agenda : 2021

#MiPactoVerdeEU

INSCRÍBETE AQUÍ

#MiPactoVerdeEU.png

Os centros Europe Direct A Coruña, Europe Direct Castellón, Europe Direct Ciudad Real, Europe Direct Donosti e Europe Direct CAIRE Maestrazgo organizamos conxuntamente os Diálogos Cidadáns coa mocidade sobre o Pacto Verde Europeo: #MiPactoVerdeEU

Cada centro Europe Direct seleccionará 25 mozos e mozas para manter un Diálogo aberto sobre cinco ámbitos do Pacto Verde Europeo.

Antes de seguir... Sabes do que falamos?

O Pacto Verde Europeo é unha das prioridades da Comisión Europea para reverter o cambio climático e frear os seus efectos. Trátase de conseguir que a UE sea climáticamente neutra en 2050. Como?

-Cun uso eficiente dos recursos: temos que pasar a unha economía limpa e circular!!

-Coa restauración da biodiversidade

-Coa reducción da contaminación.

E, algo moi importante: a transición á economía verde ha de ser xusta e inclusiva; sen deixar a ninguén atrás!!

A Comisión Europea propuxo unha serie de medidas para acadar este obxectivo, agrupadas por ámbitos de actuación: enerxía, industria, construcción, transporte, biodiversidade, alimentación…

Para que estas medidas se poñan en práctica, TODA A CIDADANÍA ha de tomar conciencia e poñer o seu gran de area.

Sí, ti tamén, es parte do cambio!

 

Que temas imos tratar?

En cada grupo local tratarase un tema específico do Pacto Verde Europeo:

-             Europe Direct CAIRE Maestrazgo: Despoboación e medio ambiente

-             Europe Direct Castellón: Agricultura sostible

-             Europe Direct Ciudad Real: Consumo sostible

-             Europe Direct Donosti: Zonas urbanas e cambio climático

En Europe Direct A Coruña imos falar de Economía Verde: Industria sostible e Economía Circular.

 

En que consiste este Diálogo Cidadán?

Esta actividade ten dúas fases: a local e a nacional.

Fase local: cada centro escoitará a voz dun grupo de mozos e mozas do seu territorio sobre cada un dos temas elixidos.

Europe Direct A Coruña construirá este Diálogo a través de dúas sesións en liña:

16/03/2021, de 19:00 a 20:00 h.

Comezamos cunha sesión formativa moi dinámica sobre o Pacto Verde Europeo.

  • Aprenderás cales son as liñas fundamentais.
  • Terás coñecemento específico sobre Economía Verde.
  • Descubrirás exemplos de xente moza que apostou por emprender dentro da Economía Circular.
  • Espazo para o debate entre os/as participantes.

23/03/2021, de 19:00 a 20:00 h.

Seguimos co debate para extraer conclusións sobre as medidas clave para a transición a unha Economía Verde. Falamos de cousas realistas, que se poidan desenvolver no día a día!

MiPactoVerdeEU - FB.png

 

Fase nacional: ábrese coa Consulta Pública Cidadá e péchase cun debate a nivel nacional con representantes da Comisión Europea.

06/04/2021 – 11/04/2021: Consulta Pública

As Conclusións dos cinco grupos participantes serán sometidas a Consulta Pública en liña para que toda a ciudadanía vote as súas preferidas.


14/04/2021, de 16:00 a 17:30 h.

Rematamos a actividade cun Diálogo a nivel nacional. Un/Unha representante de cada grupo local exporá as súas propostas ante o representante da Comisión Europea.

Coa intervención de Juan González Mellizo, Analista político, Representación da Comisión Europea en España

 

Se che preocupa o medio ambiente, frear o cambio climático e sumar a túa voz á doutros mozos e mozas, non o dubides: PARTICIPA!!

Que vos pedimos?

Dispoñibilidade horaria para asistir ás sesións en liña que terán lugar as tardes do:

  • 16 de marzo
  • 23 de marzo
  • 14 de abril

Participar activamente nas sesións e manter acesa a cámara web durante a conexión.

 

Que podes obter?

  • Coñecer o Pacto Verde Europeo desde unha perspectiva práctica e amena.
  • Interactuar con membros do ClubUE, coñecervos e intercambiar ideas.
  • Dialogar con representantes da Comisión Europea.
  • Intercambiar experiencias con mozos e mozas doutras provincias.
  • Un certificado de recoñecemento como participante.
  • Un agasallo especial.

INSCRÍBETE AQUÍ