EUROPE DIRECT A Coruña y EUROPE DIRECT Lugo, centros oficiales de información de la Comisión Europea, invitan a las personas residentes en Galicia mayores de edad a participar en el XI Concurso de Fotografía Ciudadanía Europea en Galicia: "Europa cerca de ti".
Con motivo de su undécima edición, el Concurso de Fotografía Ciudadanía Europea en Galicia invita a representar en una imagen cómo la Unión Europea está presente en tu día a día, aprovechando que este año 2024 se celebran las Elecciones Europeas y además se celebran dos aniversarios clave:
• 30 años de EURES: La red europea de servicios de empleo celebra 30 años ayudando a las personas a encontrar empleo en Europa y a los empleadores a encontrar personal. EURES es una red de alrededor de 1.000 asesores de servicios de empleo con presencia en 31 países. Facilita la libertad de circulación de personas por motivos laborales.
• 20 años de la gran ampliación: el 1 de mayo de 2004 se cumple el vigésimo aniversario de la ampliación de la Unión Europea hacia Europa Central y Oriental, Chipre y Malta. En esa fecha se incorporaron a la Unión Europea diez nuevos países y alrededor de 75 millones de habitantes. Esta expansión fue denominada el "big bang" cuando la UE pasó de quince a veinticinco estados miembros.
¡Envíanos tu fotografía y comparte con nosotros cómo de cerca ves a Europa!
Toda obra debe incluir un símbolo representativo de la Unión Europea.
PARTICIPA en este concurso y GANA un fantástico premio!!
BASES DO CONCURSO
1. Organización
EUROPE DIRECT A Coruña e EUROPE DIRECT Lugo (de agora en diante “os organizadores”) convocan o décimo concurso de fotografía baixo o lema “Europa preto de ti” (de agora en diante “o Concurso”) a través da páxina de Facebook creada a tal fin en https://www.facebook.com/concursocidadaniaeuropeaengalicia.
2. Persoas participantes
Poderán participar as persoas residentes en Galicia maiores de 18 anos que se animen a desafiar o obxectivo da súa cámara.
3. Tema
O lema do concurso é “Europa preto de ti”, co obxectivo de destacar que este ano 2024 se celebran Eleccións Europeas e ademáis, teñen lugar dous aniversarios clave:
30 anos de EURES: EURES é a rede europea de servizos de emprego que ten como misión facilitar a liberdade de circulación das persoas por motivos laborais. Conta cunha rede de preto de 1.000 asesores de servizos de emprego con presenza en 31 países.
20 anos da gran ampliación: O 1 de maio de 2004 é o vixésimo aniversario da ampliación da Unión Europea cara a Europa Central, do Leste, Chipre e Malta. Dez novos países e uns 75 millóns de habitantes adherísonse á Unión Europea nesa data. Esta ampliación foi bautizada como o 'big bang' ao pasar a UE de quince a vintecinco Estados membros.
A continuación, figuran algunhas ideas sobre os temas que podes reflectir na túa fotografía, pero non esquezas que hai moitos máis:
- Como está a Unión Europea presente no meu día a día?
- Como afronta a UE os retos medioambientais e dixitais?
- Tiveches algunha experiencia de traballo noutro país da Unión Europea?
- Visitaches algún dos países da gran ampliación?
Comparte como de preto ves a Unión Europea no teu día a día: instalacións públicas, visitas culturais, actividades de aprendizaxe, transporte local, etc.
Toda obra debe incluír un símbolo representativo da Unión Europea.
Utilizarase o hashtag #CidadaniaEuropeaEnGalicia
4. Número de fotos
Cada persoa participante poderá presentar unha ou varias fotografías ou unha ou varias montaxes de fotografías. A fotografía ou fotografías serán orixinais, únicas e inéditas. Poderá(n) ser tomada(s) con cámara dixital, móbil ou outro dispositivo electrónico. A persoa participante presentar varias fotografías de maneira independente ou en serie. Se son individuais deberán ter cada unha o seu formulario de participación. No caso de que se trate dunha serie, deberá sinalarse no formulario de participación.
No caso de que nas fotografías aparezan imaxes que permitan a identificación de persoas, será necesario que a persoa participante no concurso obteña o consentimento das persoas interesadas para a súa publicación. EUROPE DIRECT A Coruña e EUROPE DIRECT Lugo quedan exentos de calquera responsabilidade.
5. Formato e tamaño
A técnica de realización será libre. As fotografías deberán enviarse en formato PNG, cunha resolución mínima de 300 píxeles e un tamaño máximo de 20 megas.
6. Presentación das fotografías
As fotografías deberán enviarse ao correo electrónico cidadaniaeuropeaengalicia@gmail.com acompañando o formulario de participación.
As fotografías serán subidas automaticamente á páxina de Facebook do concurso.
7. Prazo de presentación
Poderás participar desde o 11/03/2024 ata o 11/04/2024, ás 14.00 h.
Non serán válidas en ningún caso as fotografías recibidas antes ou despois do devandito prazo, así como as que non cumpran todos os requisitos do concurso. Igualmente non serán válidas as participacións correspondentes a perfís fraudulentos.
8. Valoración e xurado
O xurado estará composto por 5 persoas: dúas en representación de cada EUROPE DIRECT organizador e unha persoa experta en fotografía.
Para a elección das obras gañadoras teranse en conta os seguintes criterios:
-Adecuación á temática.
-Calidade.
-Orixinalidade.
-Mensaxe transmitida.
Ademais, valorarase a mensaxe europea, a presentación artística e a aplicación pedagóxica do seu contido.
9. Colaboración e difusión do concurso
O Centro de Estudos e Documentación Europea (CEDE) da Universidade de Santiago de Compostela colaborará na difusión deste concurso.
10. Data de publicación de persoas gañadoras
Os nomes das persoas gañadoras serán publicados na páxina web do concurso o día 18 de abril de 2024.
As persoas gañadoras deberán remitir a documentación requirida polos centros EUROPE DIRECT nos 3 días hábiles posteriores á comunicación co obxectivo de comprobar que reúnen os requisitos esixidos para a participación no concurso. No caso de que non sexa así, a persoa gañadora pasará a ser automaticamente a suplente 1 (elixida previamente polo xurado) e así sucesivamente.
11. Premios
Cada EUROPE DIRECT fará entrega de dous premios e haberá un total de 4 premios individuais a repartir. Os premios concederanse como figura a continuación:
- EUROPE DIRECT A Coruña:
1.º Premio: 1 Cámara de fotos
2.º Premio: 1 Tablet
- EUROPE DIRECT Lugo:
1.º Premio: 1 Cámara de fotos
2.º Premio: 1 Tablet
Cada persoa participante deberá indicar no formulario de participación o centro EUROPE DIRECT ao que presenta a súa fotografía.
Aos autores das fotografías premiadas notificaráselles a súa condición de gañadores a través da dirección de correo electrónico facilitada a efectos de comunicacións.
Os organizadores resérvanse o dereito para substituír os premios por outros de igual ou maior valor se algún ou todos os premios sinalados non estivesen dispoñibles por calquera motivo.
As persoas gañadoras poderán renunciar ao premio, pero, en ningún caso, poderán trocalo por outro distinto nin polo seu importe en metálico.
12. Entrega de premios
A entrega de premios realizarase nun acto para celebrar o 9 de maio de 2023, sempre que as medidas sanitarias o permitan.
Informarase oportunamente ás persoas gañadoras do lugar e hora exactos. As persoas gañadoras deberán recoller o premio persoalmente ou ben a través da persoa que designen.
Se non fose posible poñerse en contacto coas persoas gañadoras nos 3 días hábiles posteriores á comunicación, a persoa gañadora pasará a ser automaticamente a persoa suplente 1 (elixida previamente polo xurado) e así sucesivamente.
ENTREGA DE PREMIOS:
09/05/2024, ás 09:00 horas
FOTOGRAFÍAS GAÑADORAS 2024
Primeiro premio: Andoni
Título da fotografía: Cúpula de Estrellas: Un susurro de unidad
Descrición da fotografía: "En esta fotografía, la antigua cisterna del Castillo de Liubliana se convierte en un escenario mágico. La luz, filtrándose desde una abertura en lo alto, proyecta sombras de estrellas sobre las frías paredes de piedra. Estas estrellas, a su vez, simbolizan la unidad europea, fusionando el pasado histórico con el presente moderno".
Premio: Cámara réflex
Segundo premio: Malena Crego Casal
Título da fotografía: Arte e movemento
Descrición da fotografía: "Europa xira coa súa danza circular construindo os cimentos dun futuro de esperanza e amor global. Únete e celebra. Cantas máis respiracións, máis forte soprarán os ventos. Arte é cohesión. [Esme facendo vibrar Palermo]".
Premio: Tablet