-Prácticas do Programa Eurodyssey (ata o 17 de febreiro)
Eurodyssey, promovido pola Asemblea das Rexións de Europa, é un programa de intercambio entre as distintas rexións da UE destinado a mozos e mozas entre 18 e 30 anos que desexen realizar entre 3 e 7 meses de prácticas vocacionais remuneradas nalgunha das rexións participantes. O programa consta dunha parte de formación e outra de prácticas. Máis info, aquí.
-Becas Premio Europeo Carlos V (ata o 18 de febreiro)
O Premio Europeo Carlos V leva aparellado a concesión das Becas de investigación e mobilidade en Estudos Europeos, dirixidas a persoas investigadoras que estean preparando unha tese de doutoramento, co foco na historia, memoria e integración europeas. Consulta a convocatoria aquí.
-Prácticas no Comité Económico e Social Europeo (ata o 31 de marzo)
O Comité Económico e Social Europeo convoca prácticas remuneradas de 5 meses de duración para estudiantes con titulación universitaria, na súa sede en Bruselas. Ofrece dietas de desprazamento e dous días libres por mes. Inscríbete aquí.
-Prácticas Cicero no Comité Europeo das Rexións (ata o 31 de marzo)
O Comité Europeo das Rexións ofrece prácticas remuneradas de 5 meses de duración en Bruselas (entre o 16 de setembro e o 15 de febreiro de 2026). Consulta máis información e requisitos aquí.
Consulta todas as bolsas e prácticas abertas na páxina: https://europedirect.dacoruna.gal/becas/
-Oportunidades do Corpo Europeo de Solidariedade - consúltaas todas aquí
Consulta outras oportunidades de voluntariado na páxina: https://europedirect.dacoruna.gal/voluntariado-europeo/
-Axudas para a realización de estudos de Máster en Universidades e Institucións de Educación Superior de Estados Unidos (ata o 6 de febreiro)
A Secretaría de Estado de Ciencia, Innovación y Universidades convoca 12 axudas para realizar estudos de máster en EE.UU, cunha duración de 24 meses. Poden optar a elas estudantes que obtivesen a súa titulación universitaria (grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría ou similares) despois do 2019. Aquí podes ler un extracto da convocatoria.
-Bolsas de formación en materia de dereitos das persoas consumidoras e seguridade dos produtos (ata o 21 de febreiro)
O Instituto Galego de Consumo e da Competencia convoca 8 bolsas de formación nas diferentes oficinas da entidade en Galicia, co obxectivo de contribuír á formación práctica de titulados superiores en materia de consumo. O programa formativo desenvolverase ao longo do 2025 e terá unha duración máxima de 10 meses. Accede aquí á convocatoria.
-Bolsas da Fundación Barrié (varios prazos)
A Fundación Barrié convoca 10 becas para titulados universitarios vinculados a Galicia para a realización de estudos de máster en institucións de referencia en todo o mundo. O prazo remata o 28 de febreiro. Tamén convoca o Exponential Fellowship Program (para titulados universitarios con nacionalidade española e vinculados a Galicia en disciplinas técnicas), o Doctoral Fellowship Program (para titulados universitarios galegos na área de Ciencias da Vida), o Postdoctoral Fellowship (dirixido a investigadores galegos na área de Ciencias da Vida). Bota un ollo á convocatoria de todas elas aquí.
-Premio á Xuventude Emprendedora Europea (ata o 14 de marzo)
A Comisión Europea convoca este premio dirixido a persoas emprendedoras menores de 40 anos con proxectos de negocio que integren as prioridades da UE. As dez persoas finalistas recibirán orientación e recursos personalizados por un valor de ata 20.000€. Cinco delas poderán os seus proxectos a líderes da industria, responsables políticos e inversores nas Xornadas Europeas da Industria (Rzeszów, Polonia). As tres mellores candidaturas recibirán, ademais de apoio mediático e promocional, unha viaxe pagada á Asamblea das PEMES (Dinamarca, novembro 2025) e a persoa gañadora, ademais, un trofeo. Mira os requisitos e presenta candidatura aquí.